8.6.06

Morriña...

Morriña,
morriña da miña terra,
dos seus cantares,
das súas praias,
dos seus vales,
dos meus amores,
da miña nenez,
...dos seus montes,
e os seus mares!!
Carballos,
flor do toxo...
son recordos da miña terra!!

7.6.06

Terra seca





Terra seca,
agora mollada,
polas miñas bágoas,
ó volver,
e non encontrarte nela,
ó volver,
e encontrala seca,
ó volver,
e non encontrala,
como a miña morriña

recordaba.