25.5.06

Sentimentos nocturnos...


1)
O día que te olvide
o meu corazón deixará de latir,
o meu sorriso comezará a brillar,
por ti só choro,
e non vivo
máis que o meu pesar.


2)
Cada noite
que non vivo,
é un suspiro,
cada día
que non sinto,
o meu desafío,
e o día
que te teña,
eu resucito.

3)
Se me fas sentir,
todo isto que sinto,

faime sentir,
a túa presencia,
que é o que non sinto...

4)
Pensar en ti,
é perderme,
nun rosal
cheo de espiñas,
perderme
nos meus pensamentos
é clavarmas todiñas.

5)
Se ti quixeras,
eu sería,
se ti me amaras,
sorriría,
pero ti
non queres,
tampouco sentes,
nin amas...
¿como podo esperar,
verte sorrir??

6)
Xa a morte non me dá medo,
pois dubido
que algo doia máis
que o teu rechazo...

7)
Tanta era a dor
que sentía,
que me arrinquei
o corazón
e tireino ó mar,
pero o amor
era tan grande,
que non deixei de quererte...

8)
Agora a vida,
non ten sentido,
non a vivo ó teu lado,
agora a morte,
comeza a telo,
para estar ó teu carón...

9)
O amor,
é un xogo,
perigoso,
porque non ten regras,
todos lastimamos,
ou nos lastiman,
pero todos queremos xogar.
Que ironía

a vida,
levada é,
por un xogo sen regras.

10)
Cada día,
da miña vida,
penso en ti,
cada minuto,
da miña vida,
penso en ti,
cada día,
que recobro o sorriso,
ti volves facerme dano.


Foto: sininhoinwonderland.blogs.sapo