15.3.06

Versos soltos


1)
Que sinto medo,
que non sinto nada,
necesito volver ser amada,
cos teus bicos, coas túas caricias outra vez apaixonada
e co roce dos nosos corpos novamente atormentada.



2)
As miñas bágoas, gotas negras que esvaran pola miña cama,
as noches que ti non estas elas volven a brotar,
e os meus tristes ollos verdes volven a chorar.
A primeira bágoa, a máis amarga e a que máis mancha,
a que máis dor leva e a que máis te recorda.



3)
Eu desvívome nun suspiro, mentres a tua foto roza o meu peito eu lémbrote...
e brotan novas bágoas ata que chegan ao final do meu colo,
onde se unen formando mares e oceanos,
de fortes pensamentos,
que desgarran os meus recordos,
e berran que te botan de menos.



4)
Nunca quixen como a ti te quixen,
nunca chorei como por ti chorei,
en cambio ti non me amaches, nin o máis mínimo
amado
tampouco choraches de amor, senon de raiba ao ver este sentimento acabado,
eu deixei de quererte, xa sufrira demasiado,
e dinche as grazas por non amarrarme máis tempo ao teu lado, o teu engano...



5)
Nunca abrín os ollos demasiado,
como para darme conta do que acabara,
o amor entre nós viuse recortado,
xa só eu amaba, pero mantíñasme ao teu lado.
e agora a miña pregunta
por que non deixabas de facerme dano?



6)
A dor rompe as miñas entrañas,
en mil bágoas ,
de cristais afiados,
que cortan as miñas veas,
por onde corría amor antano.


(foto: http://sininhoinwonderland.blogs.sapo.pt/arquivo/2005_06.html)

1 Comentarios:

Blogger nathalia said...

Que bonito!! Eres unha romántica, encántanme todas as túas historias...
Foto impresionante.

27/4/06 12:51 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home