11.1.06

Nas clases de Técnicas de expresión escrita con Estíbaliz Espinosa houbo unha actividade que me gustou especialmente e consistía en lembrar cousas, imaxes, cancións... recordos que gardas sen máis na túa cabeza e que non queres a borralas porque significan algo para ti. Por iso gustoume esta actividade porque di moito de cada un de nós xa que gardamos cousas diferentes segundo o noso carácter e representan distintos sentimentos para cada un de nós, a min gustoume moito revolver a miña cabeza en busca de algunhas delas para mostrar nesta clase, e aquí tedes tres...

Lémbrome de......
O si quero da miña irmá o día da súa voda...
unha canción dunhas zapatillas rosas que se anunciaban na TV cando tiña 7 anos...
o día que aprendín a facer globos de chicle......

E tí de que te lembras?????????'