9.1.06

Hai unhas semanas atrás fixemos cada un de nós un texto con Estíbaliz Espinosa falando dunha máquina que debíamos inventar nós coas cualidades que nós gustaría que tivera dita máquina.
Amósovos o meu....

O armario sen fondo

Isto consiste nun armario de tamaño corrente onde che cabe todo o que queiras sen ter que preocuparte de se está colocado, xa que tamén se coloca só e incluso renóvache a roupa con só xirar a manilla da porta.

Pode ser de múltiples cores pero o meu é rosa e lila, a xogo coa miña habitación.

Extras: ademais pode cambiar a cor da roupa...