7.11.05

Pequenos escritores con Estíbaliz

No noso primeiro día con Estíbaliz,todos estabamos algo intrigados pola experiencia...¿quen sería esa escritora,e que tal resultaría a actividade?adiántovos que foi moi ben.
Eran as 13.20 e esperabamos ansiosos a súa chegada. De repente chega unha moza e preséntase:
-Ola chámome Estíbaliz Espinosa e pasarei uns días convosco...
Desde o principio pareceume moi agradábel e co tempo confirmouse a miña hipótese...con ela fixemos actividades bastante interesantes:un texto en Glíglico,que consistÍa en facer un texto calquera pero nun idioma inventado...resultou moi divertido e sorprendeume a nosa "palabrería";tamén inventamos un estribillo en inglés para unha canción de Bob Dilan e outras iniciacións á literatura que nos descubriron o noso pequeno escritor...
Creo que todos gardaremos grandes recordos dela e desos xoves de chuvia nos que todos descubrimos que polas nosas veas corre algo de literatura xa que todos somos pequenos soñadores.